Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto
2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 362 m de lonxitude, con conductores tipo LA-56 e apoios de formigón, desde os apoios 7-8 da L.M.T. ós CC.TT. Buenos Aires, Cerdedo, Costeira, etc., ata o C.T. que se proxecta en Coutiño-Dornelas, concello de Mos. C.T., de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-398/230 V. R.B.T., aérea de 910 m de lonxitude, con conductores R.Z. e apoios de formigón.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Pontevedra, 15 de maio de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-4060