Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución dos procedementos sancionadores de incendios números 131I/1994/1 e 134I/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973, por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que obran no expediente, remitirase ó delegado provincial da Consellería de

de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 28 de abril de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Tipificación infracción

Regulamento de incendios

Procedemento

Sancionador

Número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

proposta

131I/94/1Gómez Corredoira, Antonio

32.832.884

Avda. Finisterre, nº 220

A Coruña

Queima en época de prohibición en praia de Lago-Muxía138.AMoi grave10.000 ptas.

En responsabilidade solidaria. Exp. 131I/94/2

134I/94Iglesias García, Manuel

32.787.233

Monte das Moas,

5-1º Esq.

A Coruña

Acampar en lugar prohibido dentro das zonas forestais en Fraga do Eume-Caaveiro-A Capela136.HLeve5.000 ptas.

3586