Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 10 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, resolución do expediente sancionador LU-016/1995, incoado contra Jaime Ramos López.

De conformidade co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se relaciona a continuación a resolución do expediente sancionador que foi incoado por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio, en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio, e BOE do 30 de setembro de 1991.

O dito interesado dispón dun prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación, para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo, sita en Celeiro-Viveiro, Avda. de Ramón Canosa s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro de 1992).

Nº expediente: LU-016/1995.

Denunciado: Jaime Ramos López.

DNI: 33.810.216.

Enderezo: Misericordia 44-1º A. Viveiro (Lugo).

Precepto infrinxido: 6.9.

Sanción: vintecinco mil unha (25.001) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 10 de maio de 1995.

A. Alejandro Alonso Pantoja

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

95-04837