Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres número 0109/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28.3.1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 28 de abril de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 94/0109.

Denunciado: Rebolle Patmore, Augusto.

DNI: 50.850.778-O.

Último enderezo coñecido: Quejico 11. La Moraleja. Alcobendas. Madrid.

Feitos imputados: acampar en lugar prohibido dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación infracción. Lei 4/1989.

-Artigo infrinxido: 38.3º.

-Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

3505