Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres números 1994/0065, 1994/0087 e 1994/0133.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi-

nistrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe das sancións farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 28 de abril de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial de A Coruña

Tipificación infracción

Lei 4/1989 de CEN

Procedemento

Sancionador

Número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

En 94/0065Beteiro Vázquez, Jesús Carlos

32.430.866

Teodoro Ochoa de Alda, 2C

Pamplona (Navarra)

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo38.13ºLeve25.000 ptas.
En 94/0087Silva Méndes, Orlando

Ramón Nieto, 154-1º Drta.

Vigo-Pontevedra

POO14836

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo38.13ºLeve25.000 ptas.

Tipificación infracción

Lei 4/1989 de CEN

Procedemento

Sancionador

Número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

En 94/0133Fervenza Gestido, Julio

76.812.197

Quintela, 124, Moaña

Pontevedra

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo38.13ºLeve25.000 ptas.

95-3504