Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4296 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo

Situación: Insua-Vilalba.

Finalidade: reelectrificación na parroquia de Insua (Vilalba).

Características principais: liña media tensión a 20 kV, derivación a C.T. de Ponte Saa, entroncará na L.M.T. derivación a C.T. de Gasolinera e rematará no proxectado C.T. de Ponte Saa, cunha lonxitude de 672 m.

Liña media tensión a 20 kV, derivación a C.T. de Ferreiro, entrocará na L.M.T. Vilalva-Baamonde e rematará no proxectado C.T. de Ferreiro, cunha lonxitude de 20 m.

Liña de media tensión a 20 kV, derivación a C.T. de Santalla, entroncará na L.M.T. derivación a C.T. Rebordaos e rematará no proxectado C.T. de Santalla, cunha lonxitude de 10 m.

Liña de media tensión a 20 kV, derivación a C.T. Coturiña, entroncará na L.M.T. derivación a C.T. de Rebordaos e rematará no proxectado C.T. de Coturiña, cunha lonxitude de 679 m.

Liña de media tensión a 20 kV, derivacióna C.T. de Rebordaos, entroncará na L.M.T. derivación a C.T. de Reborados e rematará no proxectado C.T. de Rebordaos, cunha lonxitude de 50 m.

As liñas estarán executadas en conductor LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos.

Cinco metros de transformación tipo intemperie, de 50 kVA, sobre apoios metálicos de 20.000/380-220 V.

As liñas de baixa tensión estarán executadas en conductores R.Z.-95 e R.Z.-50, tensados sobre apoios de formigón ou grampa sobre fachadas, que darán servicio ós lugares de Ponte Saa, Cardosa, Ferreiro, Saa, Abeledo, Santalla, Rigueira, Coturiña, Muzón, Rebordaos, Merlán e Escolante no concello de Vilalba.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 42.525.750 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárense ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 11 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3503