Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1995 pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de subministración, entrega e instalación de butacas de salón de actos con destino á Facultade de Humanidades da Coruña (expediente 3/1995).

Por Resolución do 10 de febreiro de 1995 aprobouse un gasto de 7.150.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación dos contratos de subministración, entrega e instalación de butacas de salón de actos con destino á facultade de Humanidades da Coruña (expediente 3/1995).

Anunciouse por contratación directa a licitación da mencionada subministración no Diario Oficial de Galicia, e nos taboleiros de anuncios.

Cumpridos os trámites que en materia de contratacións prevé a vixente Lei de contratos do Estado e o seu regulamento, así como os requisitos establecidos no prego das bases de contratación e demais lexislación vixente. Reunida a Mesa de Contratación o 3 de abril de 1995 e vistas as ofertas económicas, así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora, esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-lo material antes mencionado da seguinte forma:

Material: butacas.

Empresa: Mobigal.

Importe: 6.240.000.

Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material rematará ós 10 días do recibo da comunicación.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas nas cláusulas 15 e 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do estado e 119 do seu regulamento.

Quinto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

5013