Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1995 pola que se anuncian polo sistema de concurso de procedemento aberto as obras, declaradas de urxencia, de cambio de cuberta e falsos teitos no C.P. de Sequelo, Marín e cambio de cuberta e obras varias no C.P. de Seixo, Marín (Pontevedra) e outra máis.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras, declaradas de urxencia, que se citan:

1. Cambio de cuberta e falsos teitos no C.P. de Sequelo, Marín e cambio de cuberta e obras varias no C.P. de Seixo, Marín (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 24.953.350 ptas. (vintecatro millóns novecentas cincuenta e tres mil trescentas cincuenta pesetas).

Prazo de execución: 7 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría C.

2. Ximnasio e vestiarios no C.P. de Balaídos, Vigo (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 18.633.506 ptas. (dezaoito millóns seiscentas trinta e tres mil cincocentas seis pesetas).

Prazo de execución: 7 meses.

Sen clasificación.

Exposición de proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o día 27 de xullo de 1995 ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2., 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, a fin de que se reparen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 9 horas do día 31 de xullo de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

5017