Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1995 pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de subministración, entrega e instalación de diverso material didáctico e mobiliario con destino ás facultades de Odontoloxía de Santiago de Compostela, Económicas de Vigo e outras (expediente 1/1995).

Por Resolución do 11 de xaneiro de 1995 aprobouse un gasto de 95.198.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación dos contratos de subministración, entrega e instalación de diverso material didáctico e mobiliario con destino ás facultades de Odontoloxía de Santiago de Compostela, Económicas de Vigo e outras (expediente 1/1995).

Anunciouse a concurso público a licitación do mencionado contrato no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado, no das Comunidades Europeas e mais na prensa rexional.

Cumpridos os trámites que en materia de concursos prevé a vixente Lei de contratos do Estado e o seu regulamento, así como os requisitos establecidos no prego das bases do concurso e demais lexislación vixente. Reunida a Mesa de Contratación o 3 de abril de 1995 e vistas as ofertas económicas, así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora, esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-lo material antes mendionado da seguinte forma:

MaterialEmpresaOPImporte
FluorómetroGalab3.000.000
Lector microformasEsquitino Mtnez.1.300.000
Acc. humificadoresMobigal1.086.940
Mat. varioPuga1.188.180
Salón de actosTecam237.043.520
AudiovisuaisCentral Fotog.7.505.284
CafeteríaEductrade1.355.450
Equipo antirrouboEsquitino Mtnez.1.721.201
Xogo de cadeirasEsquitino Mtnez.2.502.522
Rayos XLindent dental22.782.000
Vibrador, lam. e recortadorLindent dental6.152.500
LimpezaEductrade3.569.930
Módulos dentaisGalident12.000.000
Sets de ordodonciaLindent dental2 639.860
Talladores dentaisLindent dental23.220.700
Equipos dentaisKavo28.344.235

Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material rematará ó mes da comunicación.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas nas cláusulas 15 e 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Quinto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

3484