Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.724

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (76/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos de que se fará mención, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintedous de marzo de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas núm. 76/1995, seguidos por agresión, sendo denunciante Celina Arca Sánchez, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Carlos Ramos Doce, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Carlos Ramos Doce como autor responsable de catro faltas de lesións á pena de tres días de arresto por cada unha delas.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interpoñerá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Carlos Ramos Doce, o cal está en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o cinco de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

3482