Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.715

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de xuño de 1995 pola que se declara de interese galego á fundación Campus Universitario de Lugo e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste Protectorado.

Visto o expediente tramitado por instancia da fundación Campus Universitario de Lugo para a súa declaración de interese galego e conseguinte inscrición no Rexistro de Fundacións da Xunta de Galicia.

Resultando que a Consellería da Presidencia e Administración Pública pola súa Orde do 28 de abril de 1995 (DOG nº 89, do 10 de maio de 1995), cla

sificou como docente á mentada fundación e adscibiuna á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Ley 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como, o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e demais disposicións de xeral e pertinente aplicación e máis concretamente as normas básicas contidas na Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

Considerando que a correspondente escritura fundacional e de aprobación dos estatutos e as posteriores escrituras públicas de subsanación e complementación daquelas (de datas 19 de abril do 26 de xuño de 1995), son conformes co establecido nos artigos 5, 6 e 7 da Lei 7/1983, do 22 de xuño (DOG nº 89, do 20 de xuño de 1983), e coas demais disposicións aplicables.

Considerando que os fins e demais elementos organizativos da fundación Campus Universitario de Lugo cumpren os requisitos e condicións sinalados nos artigos 1 e 13 da mentada Lei 11/1991 (DOG nº 219, do 12 de novembro de 1991), para a súa declaración de interese galego; así como, coas condicións básicas determinadas na antedita Lei 30/1994.

Considerando que persoas lexitimadas para iso promoveron o presente expediente e que na súa tramitación cumpríronse os requisitos legais e regulamentarios esixidos tanto pola lexislación autonómica en materia de fundacións de interese galego, como polas normas básicas establecidas na Lei 3/1994.

Esta consellería, de conformidade co disposto no artigo 32.3º do citado regulamento, logo de informe da Asesoría Xurídica deste departamento,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar de interese galego a fundación Campus Universitario de Lugo, coa conseguinte aprobación dos seus estatutos e dos demais aspectos recollidos na orde de clasificación publicada no DOG do 10 de maio de 1995.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no rexistro auxiliar de fundacións de este protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia; tendo esta publicación e inscrición o carácter constitutivo que determinan os artigos 33.3º do Decreto 248/1992 e o 8º da Lei 7/1983, así como o artigo 3 da referida Lei 30/1994.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-04364