Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO de poxa.

Obxecto: a execución da obra comprendida no proxecto de saneamento da avenida de Mourelle, incluída no P.A.E.Z.O. 95, e cun orzamento de 14.524.876 pesetas.

Tipo de licitación: sinálase como tipo de licitación o importe do proxecto citado, realizándose a mellora mediante baixa respecto a el.

Prazo de execución: seis meses.

Lugar de presentación de proposicións: realizarase no rexistro xeral do concello, en días laborables, de 9 a 13 horas e dentro do prazo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anunico no DOG ou BOP. Presentaranse en dous sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente e cos requisitos seguintes:

Sobre A, subtitulado: oferta económica para tomar parte na poxa do proxecto de saneamento da avenida de Mourelle, e conterá a proposición económica conforme o seguinte modelo:

Don/Dona..., con domicilio..., teléfono..., DNI..., actuando en nome propio (ou en representación de..., CIF...), toma parte na poxa convocada polo Concello de Santa Comba para a execución da obra..., e publicada no DOG ou BOP número..., do día..., e fai constar:

a) Que ofrece o prezo de..., o que significa unha baixa de... pesetas... en relación ó tipo de licitación.

b) Que coñece e acepta tódalas obrigas derivadas dos pregos de condicións da poxa.

c) Que xunta nos correspondentes sobres a documentació esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 1995.

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Sobre B, subtitulado: documentación para tomar parte na poxa do saneamento da avenida de Mourelle, presentada por...

En..., ... de... de 1995.

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Fianza provisional: coa documentación por separado e fóra dos referidos sobres presentarase o documento que acredite a constitución da fianza provisional que será o equivalente ó 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: será o 4% do importe da adxudicación. O adxudicatario deberá presentar no prazo dos dez días seguintes á notificación da adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación.

Expediente: o expediente completo, proxecto e pregos de condicións atópase na secretaría do concello, onde poderá ser examinado en horas de oficina de 9 a 13 horas, ata que remate o prazo de presentación das proposicións.

Santa Comba, 8 de xuño de 1995.

Ignacio Pensado Plágaro

Alcalde accidental

95-3942