Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.704

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE DE MADRID

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Transportes, pola que se procede á publicación da resolución en materia de transportes que se cita (expediente 11-BD-08849.1/1994).

Por non ser posible practicar no domicilio do seu destinatario a notificación que se relaciona no anexo, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectos do disposto no artigo 59.4º da Lei de procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27).

Contra o dito acto, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer escrito de alegacións, presentando ou propoñendo as probas que xulgue oportunas no prazo de 15 días contados a partir da publicación da presente resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Madrid, 8 de maio de 1995.

Francisco Peyró Díaz

Secretario xeral técnico da Consellería de Transportes

ANEXO

Denunciado: Algatel, S.L.

Último domicilio coñecido: Rosalía de Castro, 131, 15300 Betanzos (A Coruña).

Infracción: realizar transporte sen autorización (TPM).

Preceptos infrinxidos: Art. 140 a) da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31). Art. 197 a) do RD 1211/1990, do 28 de setembro, do regulamento de ordenación dos transporteste terrestres (BOE do 31).

Expediente: 11-BD-08849.1/1994.

Data da denuncia: 11-11-1994.

Precepto sancionador: Art. 143 da Lei 16/1987 e 198 p) do RD 1211/1990.

Sancionable por: 50.000 pesetas.

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.