Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4322 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA). r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, Lugo.

Finalidade: subministrar enerxía eléctrica ó edificio Malgor, S.L., Avda. Coruña, 254, en Lugo.

Orixe da liña: C.T. Avda. Coruña, 272 e C.T. Illas Canarias.

Final: no C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: no local do edificio Malgor, S.L., Avda. Coruña, 254.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 145 metros e con cable UNE D.H.V. 15/25 kV, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 1x400 kVA 20.000 ± 5%, 398/230 V, para dar servicio eléctrico ó edificio Malgor, S.L., en Avda. Coruña, 254, en Lugo.

Orzamento: 3.148.795 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 22 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3636