Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de caza número 94/0138/1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82, do

6-4-1970), e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3-1971. Corrección erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte do da publicación desta notificación, para efectuar cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa citada e co establecido no regulamento do procedemento para o servicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 31 de marzo de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: C-94/0138/1.

Denunciado: Julio Alvarellos Fondo.

DNI: 32.776.690

Último enderezo coñecido: A Trave-Ponteceso (A Coruña)

Feitos imputados: Negarse á súa identificación polo garda denunciante cando se atopaba cazando.

Tipificación da infracción: Lei de caza.

Artigo infrinxido: 48.2.8

Cualificación da infracción: 48.2.8.

Sanción proposta: 3.500 ptas.

95-3634