Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 22 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia ó extravío do resgardo de depósito en metálico número 2588/1991, para os efectos de expedición do duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito número 2588/1991, de data 13.11.1991, por importe de 35.000 ptas., constituído en metálico na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a Manuel Boo Martínez e a disposición da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial, rúa Progreso, 38-entresollado.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contado desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 22 de maio de 1995.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

4468