Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 11 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (Alonso Esperón, Eduardo Enrique e vinteún máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 18 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns. Para a comprobación dos valores utilizouse o regulado no artigo 52.1-D da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial, praza de Compostela nº 26 Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula. Asemade, no prazo establecido para os recursos poderá promove-la práctica de taxación pericial contradictoria. Esta solicitude determinará a suspensión do ingreso da presente liquidación e dos prazos de reclamación contra da mesma.

Vigo, 11 de maio de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo

3953