Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 9 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ó contribuínte que se cita (Lugo de la Fuente, Anabel).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 11.7º do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo,

r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial, praza de Compostela nº 26 Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula.

Nome e apelidos: Lugo de la Fuente, Mª Anabel

Domicilio: Avda. Camelias, 107, 5-C. Vigo.

Contía: 4.650

Concepto: Xuros suspensión Aval.

Contía: 4.650

Concepto:Liquid. D-554-555/1994. Exp. sucesións 178/92

Vigo, 9 de maio de 1995

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo

3955