Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.694

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (33/1994).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo nº 33/1994, nos que recaeu sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

En Padrón, o dezanove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de executivo, seguidos neste xulgado con nº 33/1994, nos que son parte, como demandante, Banco de Crédito Agrícola, S.A., representado polo procurador Antonio Cuns Núñez, e asistido polo letrado Javier Martínez Pinna, e como parte demandada, José Manuel Otero Rodríguez, Dominique Henriette Portal, Georgino Otero Rodríguez, Jocelyne Claude Thuilier, María

Rodríguez Otero e Manuel Otero Rodríguez, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a José Manuel Otero Rodríguez, Dominique Henriette Portal, Georgino Otero Rodríguez, Jocelyne Claude Thuilier, María Rodríguez Otero e Manuel Otero Rodríguez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de -3.307.994- pesetas, importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

E para a súa publicidade e para que sirva de notificación ós demandados, non comparecidos, José Manuel Otero Rodríguez, Dominique Henriette Portal, Georgino Otero Rodríguez e Jocelyne Claude Thuilier, expido o presente edicto en Padrón o cinco de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4019