Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.694

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (183/1995).

En virtude de resolución de hoxe, dictada polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela, coñecendo de autos de execución de sentencia en xuízo de maior contía número 183 de 1984, seguido por Manuel Pereiro Fariña, contra José Pereiro Fariña e outros, sobre nulidade de testamentaría, rendemento de contas e partición testamentaria, por medio desta cédula cítase en forma os herdeiros, descoñecidos, sucesores ou habentes causa do falecido demandado Jesús Pereiro Fariña, natural e veciño de Tordoia, falecido en estado de solteiro en Santiago o día 4 de xuño de 1990, para que dentro do prazo de nove días comparezan nos autos por medio de procurador, baixo apercibimento de producírlle-lo prexuízo correspondente en dereito.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1995.

O secretario

Rubricado

4793