Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.693

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (1/1995).

O presidente da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:

Fai saber que no recurso de casación tramitado nesta sala co número 1 de 1995, dictouse a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva, din así:

«Sentencia. Presidente, José Ramón Vázquez Sandes. Maxistrados, César Álvarez Vázquez, Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez e Pablo Sande García. A Coruña, dezaseis de maio de mil novecentos noventa e cinco. Visto en audiencia pública o recurso de casación nº 1/1995 procedente da Audiencia provincial de Lugo, contra a sentencia recaída na antedita audiencia en grao de apelación no xuízo de congnición nº 27 e 55/1992, acumulados, do Xulgado da Fon

sagrada, sobre a negatoria de servidume de paso, entre o recorrente José Vidal Cobas representado polo procurador Trillo Fernández e defendido polo letrado César Álvarez Carballido e como recorridos Jesús Díaz Portela, e Alsira Linares Díaz, representados polo procurador Santiago de Zarco e defendidos polo letrado José Antonio Illán Torrón; Ricardo Díaz Álvarez, Donino Díaz Portela, declarados estes en rebeldía, e as persoas descoñecidas e incertas que puidesen alegar intereses contrarios á demanda, mailo ministerio fiscal. É relator Daniel García Ramos.

Decidimos que non procede estima-lo recurso de casación interposto por José Vidal Cobas contra a sentencia dictada pola Audiencia Provincial de Lugo nos autos orixinais de que o presente rolo dimana. Non facemos especial imposición de custas. Notifíquese esta sentencia ás parte en legal forma, fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso; e remítase certificación desta, xunto co rolo de apelación e autos orixinais, á audiencia de procedencia para os oportunos efectos.

Así o pronunicamos, mandamos e asinamos. Asinados: José Ramón Vázquez Sandes, César Álvarez Vázquez, Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez e Pablo Sande García. Rubricados.»

Foi publicada no mesmo día da súa data.

E para a súa notificación ós litigantes declarados en rebeldía, expídese o presente que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Dado na Coruña, vintenove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

4215