Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.677

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52859).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., con enderezo na rúa Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica derivada de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56,

de 5 m de lonxitude, que deriva da liña Pazo Irixoa-Quintán Veríns (Expte. 34702) e remate en Cabana.

-Centro de transformación, tipo interior, de 50 kVA, no lugar de Cabana e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV Irixoa.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 24 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-04115