Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.678

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1995 pola que se inscribe a Asociación de Veciños As Dunas de Corrubedo no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Veciños As Dunas de Corrubedo, do 10 de maio de 1995..

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Veciños As Dunas de Corrubedo quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

4873