Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.677

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 192/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, con enderezo na rúa Tte Xral Gómez Zamalloa, 9-1º (Est. 6), 15005 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña media tensión aérea a 15/20 kV de 571 m de lonxitude en LA-30 que parte do C.T. igrexario de Montemaior e remata no C.T. a construir de 50 kVA en Carballa-Redonda do concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 18 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4274