Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.677

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 135/1994) (51229).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Eléctrica de Fuciños Rivas, S.L., con enderezo na Ronda da Coruña, 36, 15800 Melide (A Coruña), para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Modificación da L.M.T. denominada Campo da feira, C.T. Ronda da Coruña, autorizada no Expte. 51229, entre os apoios nº 7 e 9 pasándoa a subterránea á tensión de 3/15/20 kV en conductor R.H.V. 95 de AI. Concello de Melide..

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel

e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 18 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4062