Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.677

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 201/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Electra del Gayoso, S.L., con enderezo na rúa Casais, 20, Vimianzo (A Coruña), para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.186 m de lonxitude, con orixe nos C.T. Camelle praia e C.T. Camelle porto discorre alimentando ós abonados de r/ Camelle de Arriba e r/ Tarasca. Camariñas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 9 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4063