Vistos os expedientes incoados pola empresa Electra del Gayoso, S.L., con enderezo na rúa Casais, 20, Vimianzo (A Coruña), para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
Liña eléctrica de media tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.087 m de lonxitude, con orixe no C.T. Camelle porto discorre alimentando ós abonados dos lugares de Pirica, Rociñas e Fornelle. Camariñas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 9 de maio de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
95-4065