Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.668

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 26 de maio de 1995 polo que se fai público o nomeamento de xuíz de paz substituto de Samos (Lugo).

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en reunión do día 26 de maio de 1995 acordou nomear por un período de catro anos os xuíces de paz substitutos dos distintos concellos desta comu

nidade autónoma, que máis abaixo se relacionan, que foron elexidos polos respectivos plenos con obtención de voto favorable da maioría absoluta dos seus membros:

Provincia de Lugo.

Samos: substituto: José Vázquez Castrillón.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes á publicación deste edicto perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

O xuíz de paz nomeado deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo, no prazo de dez días contados a partir do seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomará posesión no Xulgado de Paz, para o que sexan nomeados, perante quen estea exercendo a xurisdicción.

Os xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade, deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, 26 de mayo de 1995.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

95-4112