Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.668

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REAL ACADEMIA DE BELAS ARTES NOSA SEÑORA DO ROSARIO

ANUNCIO.

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario anuncia a provisión dunha vacante de académico de número na Sección de Competentes nas Artes. O candidato deberá residir en Galicia e, no caso de non ter nacido na Comunidade galega, deberá acreditar seis anos de residencia nela.

Anúnciase tamén a provisión dunha vacante de académico correspondente á que se poden presentar presoas de nacionalidade española ou estranxeira, e poderán residir dentro ou fóra de Galicia.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións esixidas para aspirar a estas prazas deverán acredita-los seus méritos mediante presentación do seu respectivo currículum vitae, e terán de ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo de un mes a partir da publicación do presente anuncio.

Enderezo da Academia: praza do Pintor Sotomayor, s/n, 15001, A Coruña.

A Coruña, 16 de maio de 1995.

O presidente

Rubricado

95-4103