Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1995, do Servicio Galego de Saúde, pola que se anuncia concurso polo procedemento restrinxido para a contratación da redacción do proxecto básico e de execución do edificio administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais-Sergas, Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto: edificio administrativo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais-Sergas, Santiago de Compostela (A Coruña).

Orzamento de honorarios: 26.363.691 ptas.

Prazo de execución: 1,5 meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza definitiva: non se esixe.

Exposición de documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos), edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de solicitudes.

Deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo cuarto día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 4.1 do P.C.A.P..

Selección de candidatos.

Entre as solicitudes presentadas, o órgano de contratación seleccionará un mínimo de cinco técnicos, ós que invitará a presenta-la súa oferta, de acordo coa cláusula 4.2 do P.C.A.P.

Prazo de presentación de ofertas.

Deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do trixésimo día natural a partir da invitación a participar no concurso.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1995.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

95-3800