Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Fabricantes de Tubería de Hormigón de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Fabricantes de Tubería de Hormigón de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á asociación as empresas fabricantes de tubería de formigón que cum

pran o establecido nos estatutos da asociación e, se é o caso, no regulamento que os desenvolve.

Asinan a acta de constitución: Alfonso Magán Carrillo e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

95-04766