Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Empresarial de profesionales inmobiliarios de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial de Profesionales Inmobiliarios de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: a devandita asociación intégrana tódolos empresarios profesionais que acrediten a súa capacidade en relación coa actividade que desempeñen na tarefa inmobiliaria e que soliciten a súa adhesión a ela.

Asinan a acta de constitución: Eduardo F. Martínez Lorenzo e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

95-4399