Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Centros de Educación Infantil 0-6.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galllega de Empresarios de Centros de Educación Infantil 0-6, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos empresarios de centros de educación infantil

Asinan a acta de constitución: Enma Ríos Cobas, Ángel Gómez López, Gloria Novoa Rodríguez, Mar Alonso Dopeso, Pastora López Rosendo e María Isabel Aguiar Álvarez.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

95-3886