Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.668

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO.

O non ser elixido polo Concello de Ares xuíz de paz titular da dita localidade, convócase para que, no prazo de 15 días contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia cantos teñan interese en aspirar ó cargo de xuíz de paz titular de Ares, dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, facendo consta-lo seguinte:

1º. Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.

2º. Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.

3º. Méritos que coide que pode facer valer.

O que se fai público en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para coñecemento de cantos teñan interese en solicita-la indicada praza.

A Coruña, vinteseis de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273