Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 11 de maio de 1995, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 2/0004625/1995T, interposto polo Concello de Cambados.

Con data do 8 de maio de 1995 o presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, recibe da Sala

do Contencioso-Administrativo, seccións segunda, do Tribunbal Superior de Xustiza de Galicia, providencia do día 27 de abril de 1995, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 2/0004625/1995T, interposto polo Concello de Cambados contra a cordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de data 22/12/1994, sobre clasificación como veciñal en man común do monte da Grenla da parroquia de Oubiña, concello de Cambados. En consecuencia esta presidencia acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas, para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Pontevedra, 11 de maio de 1995.

Manuel Abeledo López

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

4304