Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1995 pola que se publican as adxudicacións dos contratos da asistencia técnica que se indica.

A Consellería de Cultura, en cumprimento do disposto no artigo 28 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento, resolveu publica-las adxudicacións dos contratos de asistencia técnica para a delimitación dos camiños de Santiago, acordadas polo conselleiro, segundo as referencias que a continuación se expresan:

-Concurso público anunciado no DOG do 8-3-1995.

-Delimitación dos camiños de Santiago desde Portugal, entrando pola provincia de Pontevedra e pasando polas provincias de Pontevedra e A Coruña, as súas zonas de influencia, propostas de instruccións para a intervención neles, medidas urxentes e inventario.

Empresa adxudicataria: ICEACSA.

-Concurso público anunciado no DOG do 22-3-1995.

-Delimitación dos camiños de Santiago na provincia da Coruña: camiño inglés (ruta marítima e ruta da costa), a súa zona de influencia, propostas de instruccións para a intervención neles, medidas urxentes e inventario.

Empresa adxudicataria: Xan Casabella López.

-Concurso público anunciado no DOG do 22-3-1995.

-Delimitación dos camiños de Santiago a Fisterra, a súa zona de influencia, propostas de instruccións para a intervención neles, medidas urxentes e inventario.

Empresa adxudicataria: Xan Casabella López.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

95-36497