Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de mayo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador (E.N. 27/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Pontevedra, 8 de maio de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 27/1994.

Denunciado: Javier Sanmartín Zarazo.

Último enderezo coñecido: r/ Alemania, 51-1ºB. Monteporreiro-Pontevedra.

Feito denunciado: Acampar na parte superior da praia Area dos Cans o día 6-8-1994.

Precepto sancionador: Art. 38.3 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: Art. 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 20.000 ptas. Pagar solidariamente con dous máis.

95-03949