De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1.957 (BOE, nº 151), e do seu regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gnadería e Montes. O interesado disporá dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta Consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios múltiples-Monelos, A Coruña.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1389/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).
A Coruña, 15 de maio de 1995.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
Expediente: 95/014MP.
Denunciado: Maderas Hermo.
Último enderezo coñecido: r/ Saltiño, nº 7, Boiro.
Feitos denunciados: cortar sen autorización 3 eucaliptos.
Precepto infrinxido: 432 do Regulamento de montes.
Precepto sancionador: 432 do Regulamento de montes.
Sanción: 3.000 ptas.
95-04044