Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995, pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

En execución dos plans de formación continua aprobados pola Comisión Xeral para a formación continua para 1995, anúnciase a celebración dos cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes,

BASES:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles corresponda, a instancia e currículum segundo o modelo anexo II.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

4. A dita documentación dirixirase á EGAP, rúa de Madrid, nº 2-4 (polígono das Fontiñas), 15703 Santiago de Compostela, e presentarase no rexistro da EGAP, das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso. Nos cursos que se celebran en distintas localidades terá preferencia o persoal dos servicios respectivos.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP.

Terceira.-Certificacións de participación.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen sobrepasa-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso, unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

2. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Quinta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia de aqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública segundo o previsto na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 4 de maio de 1995 e na Resolución do 4 de maio de 1995, do INAP.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

CURSOS: PERFECCIONAMENTO DE XEFES DE NEGOCIADO (4 CURSOS)

1. Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo mellora-la capacitación profesional dos funcionarios da Administración autonómica que actualmente ocupan postos de xefes de negociado para optimiza-las súas aptitudes e actitudes no desempeño do seu cargo.

2. Destinatarios.

Van dirixidos a funcionarios de carreira dos grupos B, C e D ó servicio da Xunta de Galicia, Parlamento, Valedor de Pobo, Consello de Contas e das tres universidades galegas, que estean ocupando actualmente xefaturas de negociado. Terán preferencia os que as ocupen con carácter definitivo, circunstancia que deberá ser certificada segundo modelo oficial contido no anexo III da presente resolución polo responsable do servicio de persoal do que depende o solicitante.

As datas de referencia para efectos do cómputo do tempo serán as que figuran nas dilixencias de toma de posesión e cesamento.

Absteranse de solicita-los os participantes en edicións anteriores.

A selección efectuarase tendo en conta os méritos e a súa valoración ata un máximo de 3,75 puntos, da forma que a continuación se indica:

a) Experiencia en postos de xefe de negociado: 0,50 puntos por ano completo. A puntuación máxima polo concepto de experiencia será de 2 puntos. A experiencia deberá ser certificada polos servicios de persoal, segundo modelo do anexo III.

Non se poderá computar máis de dous anos de ocupación de postos en comisión de servicios.

b) Formación: por cursos relacionados directamente coas materias obxecto deste curso: por cursos de 15 a 40 horas: 0,15 puntos; por cursos de máis de 40 horas: 0,25 puntos. A puntuación máxima será de 1 punto.

c) Idiomas: coñecemento do galego: pola posesión do certificado de aptitude ou validación de iniciación: 0,25 puntos; polo certificado de aptitude ou validación de perfeccionamento: 0,75 puntos. A puntuación máxima será de 0,75 puntos.

No caso de igualdade de puntos terán preferencia os máis antigos na Administración. Antigüidade na Administración que deberá ser certificada segundo modelo oficial contido no anexo III da presente resolución polo responsable do servicio de persoal do que depende o solicitante.

A EGAP publicará a lista dos participantes coas puntuacións alcanzadas no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 80 horas.

3.2. Lugares, datas e fin de prazo de presentación de solicitudes.

LocalidadeDatasFin de prazo

SantiagoDo 26 de outubro ó 22 de decembro de 19957-8-95
LugoDo 21 de setembro ó 17 de novembro de 19957-8-95
PontevedraDo 5 de outubro ó 1 de decembro de 19957-8-95
OurenseDo 7 de setembro ó 3 de novembro de 19957-8-95

3.3 Horarios: xoves, de 16.30 a 19.30 horas, e venres de 9.30 a 16.30 a 19.30 horas.

3.4. Prazas: 30 cada curso.

4. Contido básico.

Obxectivos e liñas estratéxicas da Xunta de Galicia. Funcións e roles dos mandos intermedios.- Organización e control do traballo administrativo.- Informática e xestión na Administración.- Procedemento administrativo. Linguaxe administrativa.

5. Probas e certificados.

Valorarase a participación dos alumnos ó longo dos cursos. A EGAP fixará as probas que coide pertinentes para avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos entre as que poderá incluírse a realización dun

traballo. Ós asistentes que superen as avaliacións outorgaráselles unha certificación de aproveitamento coa cualificación de apto.

6. Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades (clases ordinarias, conferencias, etc.) que se organicen dentro dos cursos. A ausencia xustificada poderá ser aceptada polo director do curso. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis de 15% das horas lectivas programadas determinará a cualificación de non apto no curso.

7. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ós cursos axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2 - 4. 15703 Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro da EGAP ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Modificacións.

O desenvolvemento dos cursos e o contido poderán ser modificados pola EGAP para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Curso: Perfeccionamento de xefes de sección (4 cursos)

1. Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo a capacitación profesional dos funcionarios da Administración autonómica que actualmente ocupan postos de xefes de sección, para optimiza-las súas aptitudes e actitudes directivas en orde a unha mellora da xestión e da prestación dos servicios públicos.

2. Destinatarios.

Van dirixidos a funcionarios de carreira dos grupos A, B e C ó servicio da Xunta de Galicia, Parlamento, Valedor do Pobo, Consello de Contas e das tres universidades galegas, que estean ocupando actualmente xefaturas de sección. Terán preferencia os que as ocupen con carácter definitivo, circunstancia que deberá ser certificada, segundo modelo oficial contido no anexo III da presente resolución polo responsable do servicio de persoal do que depende o solicitante.

As datas de referencia para efectos do cómputo do tempo serán as que figuran nas dilixencias de toma de posesión e cesamento.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

A selección efectuarase tendo en conta os méritos e a súa valoración ata un máximo de 3,75 puntos, da forma que a continuación se indica:

a) Experiencia en xefaturas:

De xefe de sección: 0,15 puntos por ano completo; de xefe de negociado: 0,05 puntos por ano completo.

A puntuación máxima polo concepto de experiencia será de 2 puntos. A experiencia deberá ser certificada polos servicios de persoal, segundo modelo do anexo III. Non se poderá computar máis de dous anos a ocupación de postos en comisión de servicios.

b) Formación: valoraranse só os cursos relacionados con técnicas de organización, planificación e control, desenvolvemento de habilidades directivas: por cursos de 15 a 40 horas: 0,25 puntos; por cursos de máis de 40 horas: 0,50 puntos. A puntuación máxima será de 1 punto.

c) Idiomas: coñecemento do galego: pola posesión do certificado de aptitude de iniciación: 0,25 puntos; polo certificado de aptitude de perfeccionamento: 0,75 puntos. A puntuación máxima será de 0,75 puntos.

No caso de igualdade de puntos terán preferencia os máis antigos na Administración. Antigüidade na Administración que deberá ser certificada segundo modelo oficial contido no anexo III da presente resolución polo responsable do servicio de persoal do que depende o solicitante.

A EGAP publicará a lista dos participantes coas puntuacións alcanzadas no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 120 horas.

3.2. Lugares, datas e fin de do prazo de presentación de solicitudes:

LocalidadeDatasFin de prazo

LugoDo 7 de setembro ó 1 de decembro de 19957-8-95
PontevedraDo 14 de setembro ó 15 de decembro de 19957-8-95
SantiagoDo 21 de setembro ó 22 de decembro de 19957-8-95
OurenseDo 14 de setembro ó 15 de decembro de 19957-8-95

3.3 Horarios: xoves, de 16.30 a 19.30 horas, e venres de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

3.4. Prazas: 30 cada curso.

4. Contido básico.

Funcións e roles dos mandos intermedios, planificación e control de xestión, xestión de persoal, xestión orzamentaria, procedemento administrativo e técnicas de arquivo, informática e xestión na Administración.

5. Probas e certificados.

Valorarase a participación dos alumnos ó longo do curso. A EGAP fixará as probas que coide pertinentes para avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos e mailo traballo práctico que presentarán ó final do curso. O traballo, que será elixido coa conformidade do director do curso, consistirá nunha monografía sobre un proxecto de mellora da xestión na súa área de traballo. Ós asistentes que superen as avaliacións outorgaráselles unha certificación de aproveitamento coa cualificación de apto.

6. Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades (clases ordinarias, conferencias, etc.) que se organicen dentro dos cursos. A ausencia xustificada poderá ser aceptada polo director do curso. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis de 15% das horas lectivas programadas determinará a cualificación de non apto no curso.

7. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2 - 4. 15703 Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro da EGAP ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Modificacións.

O desenvolvemento dos cursos e o contido poderán ser modificados pola EGAP para adapta-los ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Curso: información e atención ó cidadán para o grupo E da Xunta de Galicia

1. Obxectivos.

O curso ten por finalidade a mellora das relacións das administracións cos cidadáns e pretende conseguir novas pautas de comportamento dos funcionarios públicos.

2. Destinatarios.

Persoal de administración do grupo E da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas, que teña relación co contido do curso e non teña recibido formación nesta materia.

3. Criterios de selección.

Os criterios selectivos que se terán en conta serán os que se fan públicos no apartado A) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Horarios: de 17 a 21 horas.

4.3. Prazas: 25.

4.4. Lugares, datas e fin do prazo de presentación de instancias.

LugaresDatasFin de prazo

Pontevedra2, 3, 4, 5, 9, 10 de outubro11-9-1995
Lugo20, 21, 22, 27, 28, 29 de novembro30-10-1995

5. Contido básico.

A relación interpersoal. Descrición e análise do proceso de comunicación. Tipos de comunicación. Obstáculos á comunicación e forma de superalos. A comu

nicación telefónica. O dereito á información e atención ó cidadán. O sistema de información administrativa e atención ó cidadán na Xunta de Galicia.

Curso: información e atención ó cidadán para os grupos C e D da Xunta de Galicia.

1. Obxectivos.

O curso ten por finalidade a mellora das relacións das administracións cos cidadáns e pretende conseguir novas pautas de comportamento dos funcionarios públicos nas súas comunicacións cos cidadáns.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración dos grupos C e D da Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas que teñan relación co contido do curso e non teñan recibido formación nesta materia.

3. Criterios de selección.

Os criterios selectivos que se terán en conta serán os que se fan públicos no apartado A) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Horarios: de 17 a 21 horas.

4.3. Prazas: 25.

4.4. Lugares, datas e fin do prazo de presentación de instancias.

LugaresDatasFin de prazo

Santiago6, 7, 8, 13, 14, 15 de novembro16-10-1995
Ourense16, 17, 18, 23, 24, 25 de outubro25-9-1995

5. Contido básico.

A relación interpersoal. Relacións co público. Resolución de situacións. A información e atención ó cidadán na Xunta de Galicia.

Curso: Contratación administrativa.

1. Obxectivos.

A raíz da publicación da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, o curso ten por obxectivo conseguir que o persoal destinado en unidades de contratación actualice os seus coñecementos en materia de contratación administrativa.

2. Destinatarios.

O persoal da Xunta que preferentemente estea destinado en unidades de contratación administrativa. Esta circunstancia deberá acreditarse mediante certificación do responsable da unidade de contratación.

3. Desenvolvemento.

As clases desenvolveranse de luns a xoves. Cando coincidan en luns o horario será xeralmente de 9 a 14 horas e de 16.30 a 18.30 horas e o resto dos días de 17 a 20 horas.

LugaresDatasGruposHorasPrazas

Ourense16 a 20, 23 a 27 de outubroC, D4030
Pontevedra13 a 17, 20 a 24 de novembroC, D4030
Vigo27 a 30 de novembro; 1 deC, D4030
decembro, 11 a 15 decembro
A Coruña16 a 20, 23 a 27 de outubroC, D4030
Lugo13 a 17, 20 a 24 de novembroC, D4030
Santiago27 a 30 de novembro; 1, 11 a 15 deC, D4030
decembro
Santiago7 a 9; 13 a 17 de novembroA, B3030
Pontevedra23 a 27, 30 e 31 de outubroA, B3030

4. Contido básico.

Xustificación da nova lei. Principais modificacións que contén. Análise dos contratos das administracións públicas en xeral. Análise dos distintos tipos de contratos administrativos.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes termina un mes antes da data de comezo de cada curso.

Cursos sobre a nova normativa laboral.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos sobre a nova normativa laboral (estatal e autonómica).

2. Destinatarios.

Persoal laboral ó servicio da Xunta de Galicia. Terán preferencia os delegados sindicais (ata tres por organización sindical) e as persoas destinadas en unidades de Administración de persoal. Os delegados sindicais serán propostos para cada curso polas organizacións sindicais. A circunstancia de estar destinado en unidades de administración de persoal, deberá ser acreditada mediante certificación do responsable da unidade de persoal.

3. Desenvolvemento.

As clases desenvolveranse de luns a xoves. Cando coincidan en luns o horario será xeralmente de 9 a 14 e de 16.30 a 18.30 horas e o resto dos días de 17 a 20 horas.

LugaresDatasHorasPrazas

Ourense2 a 6 outubro2030
Pontevedra6 a 10 novembro2030
Vigo20 a 24 novembro2030
A Coruña2 a 6 de outubro2030
Lugo6 a 10 novembro2030
Santiago20 a 24 novembro2030

4. Contido.

Introducción ó novo modelo de relacións laborais.- Análise da nova normativa estatal.-Análise da normativa autonómica galega.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes termina un mes antes da data de comezo de cada curso.

Curso: atención xeriátrica.

1. Obxectivos.

Actualización e perfeccionamento.

2. Destinatarios.

Médicos, ATS/DUE, terapeutas, fisioterapeutas, animadores socioculturais e traballadores sociais das residencias da 3ª Idade da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade, dando preferencia ás categorías superiores de cada área e en función dos efectivos e necesidades dos servicios de cada residencia da 3ª idade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Horarios: de 10 a 14.30 horas e de 16.30 a 19 horas.

4.3. Prazas: 20 por curso.

4.4. Lugares, datas e fin do prazo de presentación de instancias.

LugaresDatasFin do prazo

Santiago (1ª edición)6, 7 e 8 de novembro de 19952-9-95
Santiago (2ª edición)27, 28 e 29 de novembro de 19952-9-95

5. Contidos.

Valoración xeriátrica. Plans de coidados. Patoloxía cognitiva. Patoloxía do movemento. Técnicas de comunicación.

Curso: hostelería en institucións xerontolóxicas

1. Obxectivos.

Ampliar coñecementos e adquirir unhas nocións básicas en xerontoloxía.

2. Destinatarios.

Gobernantas, auxiliares de enfermería, camareiras-limpadoras, ordenanzas e persoal de hostelería das residencias da 3ª idade da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade, dando preferencia as categorías superiores de cada área e en función dos efectivos e necesidades dos servicios de cada Residencia da 3ª idade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.3. Prazas: 20 por curso.

4.4. Lugares, datas e fin do prazo de presentación de instancias.

LugaresDatasFin do prazo

A Coruña (1ª edición)13, 14, 15, 16 e 17 de novembro 19952-9-95
A Coruña (2ª edición)20, 21, 22, 23 e 24 de novembro 19952-9-95
Ferrol16, 17, 18, 19 e 20 de outubro 19952-9-95
Santiago23, 24, 25, 26 e 27 de outubro 19952-9-95
Pontevedra13, 14, 15, 16 e 17 de novembro 19952-9-95
Vigo20, 21, 22, 23 e 24 de novembro 19952-9-95
Lugo16, 17, 18, 19 e 20 de outubro 19952-9-95
Ourense23, 24, 25, 26 e 27 de outubro 19952-9-95

5. Contidos.

Introducción á xerontoloxía. O proceso de envellecemento. Nutrición e dietética na terceira idade. Técnicas de comunicación.

ANEXO III

MODELO DE CERTIFICACIÓN QUE SE CITA

Don/Dona

(nome e apelidos do xefe dos servicios de persoal)

(cargo)

(organismo, consellería)

CERTIFICA:

1º. Que don/dona

con antigüidade na Administración desde data

é xefe de sección/negociado (1) de

con/sen (1) carácter definitivo.

2º. Que ocupou nas administracións públicas, ata a data de publicación desta resolución no DOG, as seguintes xefaturas de sección/negociado (1), durante os seguintes anos completos:

Postos Anos completos

De xefe de sección si/non (1) en comisión de servicios

De xefe de negociado si/non (1) en comisión de servicios

, ... de de 1995

Asdo:

(sinatura e selo)

(1) Rísquese o que non proceda

95-4926