Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.638

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa TABLICIA, S.A.

Visto o texto do covenio colectivo par a empresa TABLICIA, S.A. (código 2700492), da provincia de Lugo, asinado o 16 de maio de 1995, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexilativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos de Traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado covenio colectivo no rexistro de covenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 30 de maio de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de TABLICIA, S.A.

Artigo 1º

1.1. Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo afectará a tódolos traballadores que manteñan relación laboral coa empresa TABLICIA, S.A., ou que durante a vixencia do presente

convenio puidesen establecer relación laboral coa empresa.

1.2. Ámbito funcional.

A empresa TABLICIA, S.A. está dedicada á fabricación de taboleiro aglomerado de partículas de madeira.

1.3. Ámbito territorial.

A empresa TABLICIA, S.A. está situada no lugar de Nadela, s/n, provincia de Lugo.

Artigo 1.4. Ámbito temporal.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicacion no BOP; os seus efectos económicos retrotraeranse ó día 1 de xaneiro de 1995 e prolongarase a súa duración ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Artigo 2º.-Denuncia.

Esta será feita polo comité de empresa, en escrito dirixido á dirección da empresa, con tres meses de antelación á finalización da vixencia, enviándolle copia á Consellería de Xustiza e Relacións Laborais, Delegación Provincial de Lugo.

Artigo 3º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria integrada pola totalidade dos compoñentes da comisión negociadora deste convenio. A competencia da dita comisión será interpretar e vixia-lo cumprimento do presente convenio. A comisión reunirase por petición de calquera das partes.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

A xornada de traballo na empresa afecta polo presente convenio terá as seguintes modalidades:

1. Xornada partida.

2. Xornada continuada.

3. Xornada de quendas.

A duración da xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada partida e de 40 horas de traballo efectivo en xornada continuada.

A xornada en quendas será de dúas, tres ou catro quendas de traballo.

A empresa queda autorizada para establecer con plena liberdade a xornada de catro ou máis quendas de persoal, con obxecto de non interrompe-lo proceso de producción que ten que ser continuado, asegurando o traballo durante todo o mes.

Para tales efectos recoñécese expresamente o sistema de quendas de traballo e de xornada aprobados por resolución da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia de data 17 de outubro de 1980, referida a esta empresa, independentemente da facultade que á mesma, á empresa, se lle recoñece no parágrafo anterior.

A todo traballador que realice a xornada en catro ou máis quendas recoñéceselle a posibilidade de traballar unha xornada dos seus descansos correspondentes a 28 días, comprometéndose a empresa a

aboárllelos a todos aqueles traballadores que non renunciasen de acordo co establecido no parágrafo seguinte.

Os traballadores interesados no manifestado no parágrafo anterior notificaranlle á empresa ó entrar en vigor o presente convenio as xornadas de descanso en que desexen traballar e traballarán no día de traballo a que o descanso corresponde, a xornada continuada, durante a mañá/tarde do martes. No momento en que o productor desexe rescindir este compromiso, a empresa quedará liberada del e posteriormente só poderá, por nova petición deste, reconsidera-la posibilidade de ofrecer tal traballo se a súa organización llo pemitise e sen compromiso mentres non realice esta xornada.

Durante as paradas de fabricación que teñan duración superior a 24 horas, a empresa respectará os descansos dominicais e non se realizarán en xornadas nocturnas a excepción daquel persoal que sexa necesario para a posta en marcha, para efectuar traballos de mantemento de necesidade inmediata ou para aqueloutros que pola súa natureza non puidesen prescindirse.

Tódolos traballadores de xornada a quenda desfrutarán de media hora de descanso en cada xornada, sen que iso implique trastorno ningún no normal desenvolvemento da actividade productiva da fábrica. O dito tempo será contabilizado para tódolos efectos como tempo efectivo de traballo.

Á entrada en vigor do presente convenio colectivo, tempo efectivo de traballo, entenderase sempre referido con respecto ós horarios de entrada e saída das correspondentes quendas na fábrica. Os horarios de referencia serán os hoxe establecidos na resolución da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia de data 17 de outubro de 1980, xa anteriormente mencionada.

4.1. O persoal acollido ó réxime de xornada partida (persoal técnico, administrativo, encargados, persoal de carga e almacén, de mantemento, servicio forestal, etc.) realizaraa distribuíndo as 40 horas semanais desde o luns ó venres, de acordo co seguinte cadro horario, de forma que quede libre a xornada do sábado.

-Xornada de mañá: das 9 ás 14 horas.

-Xornada de tarde: das 16 ás 19 horas.

Non obstante, cando a dirección da empresa, por razón da necesidade de realizar traballos de calquera índole, considere preciso que determinado número de traballadores deba acudir ó traballo na xornada do sábado, a prestación do servicio, polos traballadores designados para tal fin, será obrigatoria para os efectos previstos no artigo 35, número 4 do Estatuto dos traballadores, compensándose, coas mesmas horas de descanso de calquera outro día da semana que fixe a dirección da empresa de acordo co persoal afectado.

4.2. Días de Noiteboa e fin de ano. Neses dous días non se traballará nas quendas de noite, as quendas de tarde rematarán ás dezaoito horas e a dirección

da empresa establecerá as horas de traballo dos productores de xornada partida.

Artigo 5º.-Vacacións.

Todo o persoal vinculado ó presente convenio colectivo desfrutará dun período anual de 30 días naturais ininterrompidos de vacacións. Agás acordo expreso noutro sentido, estas serán desfrutadas entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Con dous meses de antelación ó comezo do desfrute das vacacións, a empresa deberá expoñer no taboleiro de anuncios o programa de desfrute delas.

Cando coincide o último día de traballo dunha quenda en que traballase sete días consecutivos, co anterior ó inicio das vacacións anuais, aumentaranse estas en dous días.

Será preceptiva a consulta ó comité de empresa.

Artigo 6º.-Condicións mínimas.

As melloras económicas que se implanten neste convenio teñen carácter de mínimas. A empresa manterá aqueles pactos, cláusulas e situacións de feito que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7. Licencias retribuídas.

Os traballadores terán dereito a permiso retribuído coa oportuna xustificación nos seguintes casos:

-Por matrimonio, 15 días naturais.

-Por falecemento do cónxuxe, fillos, pais ou irmáns ou de familiares do cónxuxe no mesmo grao de parentesco, 4 días naturais.

-Por falecemento de avós, netos, tíos e sobriños, cuñados, 2 días naturais.

-Por voda dun fillo, un día. En caso de realizarse fóra da provincia, 2 días.

-Por enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns, 2 días naturais.

-En caso de cumprimento inexcusable de deberes públicos legalmente esixibles, o tempo necesario para iso.

-Por razóns de estudios, as licencias necesarias para a asistencia a convocatorias de exames finais.

-Por razón de cambio de domicilio, 2 días naturais, de realizarse fóra da localidade, 5 días.

-Por parto da esposa, 3 días naturais, ampliables a outros 2 non retribuídos.

Artigo 8º.-Período de proba.

O período de proba concrétase no seguinte: persoal técnico e titulado, dous meses; oficiais, un mes; e peonaxe, 15 días laborables.

Durante o dito período o traballador terá os mesmos dereitos económicos e obrigas laborais có fixo no cadro de persoal.

Artigo 9º.-Contrato de traballo.

O contrato de traballo baséase no principio de estabilidade no emprego, coas excepcións previstas na lei.

Artigo 10º.-Postos vacantes de nova creación.

Os postos de traballo vacantes e de nova creación serán cubertos pola empresa, dándolle prioridade absoluta ó persoal do cadro de persoal que supere as probas establecidas para o obxecto, para efectos de facilita-la promoción profesional dos traballadores. Quedan excluídos os postos directivos e de responsabilidade.

Artigo 11º.-Traballos de categoría superior.

Cando o traballador realice traballos de categoría superior á que teña atribuída recibirá durante o tempo de prestación a remuneración total que veña percibindo o productor da categoría á que circunstancialmente quedase adscrito.

Os ditos traballos non poderán exceder de tres meses ininterrompidos; ó cabo deste tempo o traballador deberá volver á función da súa anterior categoría ou ser ascendido automaticamente á categoría superior.

Artigo 12º.-Capacidade diminuída.

Os traballadores que por accidente, enfermidade, idade ou outras circunstancias vexan diminuída a súa capacidade deberán ser destinados a traballos adecuados ás súas posibilidades. Esgotaranse tódolos medios terapéuticos posibles para a súa rehabilitación no mesmo posto de traballo. En calquera caso, a súa retribución nunca será inferior á categoría profesional que tivese recoñecida.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará ó persoal de dúas fundas cada ano. Naqueles postos de traballo onde fose necesario e logo de xustificación entregaranse as precisas.

Artigo 14º.-Servicio militar.

O persoal da empresa que realice o servicio militar terá reservado o seu posto de traballo. Rematado o período de permanencia en filas, a reincorporación do traballador deberá efectuarse no prazo de trinta días naturais despois do remate real do dito servicio.

O tempo de realización do servicio militar será computable para a antigüidade. Así mesmo, durante o dito período, o traballador terá dereito á percepción das pagas extraordinarias.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo, a empresa contratará a favor dos traballadores a ela vinculados unha póliza de seguros polos seguintes valores:

-En caso de falecemento: 1.500.000 ptas.

-Invalidez absoluta e permantente por enfermidade ou accidente: 3.000.000 de ptas.

-Morte por accidente: 3.000.000 de ptas.

-Morte por accidente de circulación: 3.000.000 de ptas.

-Invalidez profesional por accidente: 3.000.000 de ptas.

Os traballadores designarán a persoa beneficiaria das contías establecidas.

Artigo 16º.-Premio de xubilación.

Á súa xubilación, o traballador que permanecese polo menos 12 anos na empresa percibirá o importe de dúas mensualidades, e unha máis cada 5 anos ou fracción que exceda dos 12 mencionados.

Artigo 17º.-Aprendices.

Os aprendices realizarán unicamente traballos de aprendizaxe de oficialía.

No presente convenio colectivo establécese a prohibición absoluta de que os mesmos realicen horas extras, así como efectuar traballos penosos, perigosos ou nocturnos.

En ningún caso poderán efectuar traballos os menores de 16 anos.

Unha vez superada a aprendizaxe e logo de exame, o aprendiz ingresará na categoría de oficial, resultante da citada proba.

Artigo 18º.-Baixa por accidente laboral.

En caso de accidente laboral, no centro de traballo ou in itinere, a empresa, á parte da prestación da Seguridade Social, aboaralle ó traballador un 10% do seu salario real, durante toda a incapacidade laboral transitoria, e desde o primeiro día do accidente.

Se o suposto sinalado dese lugar á hospitalización do traballador, a empresa complerá ata o 100% do seu salario de convenio, exclusivamente durante o tempo en que dure tal situación.

18.1. Baixa por enfermidade.

A partir de tres semanas ininterrompidas o traballador percibirá con cargo á empresa un complemento que sumado á prestación do INSS, complete o 100 por 100 dos seus salarios reais; poderá requirirse certificación médica e o visto e prace en sección conxunta do Consello de Delegados ou Comité de Empresa e a Dirección, tomando como base o mes anteriormente traballado con exclusión soamente de horas extra.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal percibirá as seguintes pagas extraordinarias:

-Nos meses de xullo e decembro, equivalentes cada unha delas a trinta días de salario máis antigüidade.

-Unha paga de beneficios por un importe de trinta días de salario base máis antigüidade, que se aboará na primeira quincena do mes de marzo.

-Unha paga con motivo da festividade dos Reis Magos, equivalente ó 35% do importe dunha paga extraordinaria normal (xullo e decembro). Esta comezarase a retribuír en xaneiro de 1996.

Artigo 20º.-Plus de nocturnidade.

Será equivalente ó 25% do salario convenio.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Para os traballadores de xornada continuada terán como consideración de horas extraordinarias as que excedan de 160 (cento sesenta) en cómputo cuadrimestral.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias que sexan necesarias para pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural.

Para o pagamento efectivo das horas extraordinarias, haberá que aterse ós valores vixentes na data de hoxe, incrementados nun 4%. O prezo delas cumpre co artigo 35.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Retribucións.

No presente convenio colectivo páctase para o ano 1995 unha suba salarial do 4% respecto ó ano 1994.

Páctase, así mesmo, que en caso de que o índice de prezos ó consumo para o ano 1995 do Instituto Nacional de Estatística, IPC anual, supere o 4%, efectuarase unha regularización de suba salarial do presente convenio consistente no aboamento dunha paga que por diferentes conceptos retributivos supoña a diferencia entre o 4% e o IPC anual, redondeando en máis, a 0,50 puntos.

As táboas salariais para o ano 1995 serán as que se xuntan no anexo número I.

Plus de quendas. Os productores que presten os seus servicios en dúas ou en tres quendas ou en terceiro ou cuarto equipo, para a súa realización percibirán unha prima única mensual por tal concepto de 7.041 ptas.

Plus extrasalarial por indemnizacións e suplidos. Polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, este será satisfeito, unicamente, en xornada completa realmente traballada; e non será cotizable para efectos da Seguridade Social e accidentes de traballo. O seu importe será de 2.500 ptas. por mes.

Establécese unha axuda escolar para os fillos dos traballadores, consistente nun fondo de axuda de 600.000 ptas. ó ano.

O reparto do fondo entre as peticións que anualmente se presenten, efectuarase por un comité formado por un representante da empresa e dous dos traballadores.

En caso de que houbese sobrante de fondos durante o ano, este sobrante aplicarase a incrementa-lo fondo do seguinte ano.

As diferencias salariais que se ocasionen como consecuencia do pactado no presente convenio colectivo seranlles aboadas pola empresa ós productores no prazo máximo de trinta días a partir da data de sinatura del, independentemente da data de publicación do dito convenio no BOP.

Cláusula adicional.

As melloras do presente convenio poderán ser compensadas e absorbidas por calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal, en cómputo anual, agás que expresamente se pacte o contrario.

O importe a que ascende o custo do tempo a que teñan dereito os membros do comité de empresa a que lles sexa compensado, será feito efectivo pola empresa e destinarase

Representación empresarialComité de empresa

ANEXO I

Táboa salarial

CategoríasSalario base-díaAnual

Encargado xeral 3.3681.532.222
Encargado de sección 3.2961.499.571
Xefe de equipo 3.1751.444.680
Oficial de 1ª 3.1751.444.680
Oficial de 2ª 3.0571.390.735
Axudante 2.9491.341.995
Peón especializado 2.8951.317.389
Peón 2.882 939.775

Persoal subalterno
Pesador-basureiro 88.4321.326.484
Almaceneiro 91.5881.373.814
Chofer turismo91.5881.373.814
Garda 91.5881.373.814
Chofer mecánico 95.3321.429.974

Persoal administrativo
Auxiliar mecanógrafa, Telf. 88.4321.326.484
Oficial de 2ª101.0241.515.353
Oficial de 1ª110.4641.656.954
Xefe administrativo121.7991.826.978

Persoal técnico
Analista calcador 88.4321.326.484
Xefe de taller100.0801.501.204
Delineante100.8521.512.779
Xefe de talleres110.4641.656.954
Titulado de grado medio112.3521.685.284
Titulado de grado superior145.7392.186.090

4961