Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, da Delegación provincial de Pontevedra, pola que se anuncian, polo sistema de contratación directa, as obras que se citan (ampliación de aulas e construcción de pistas deportivas no Instituto de BUP Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín e dúas máis).

Esta delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolve anunciar polo sistema de adxudicación directa as obras que se citan:

1.-Ampliación aulas e construcción de pistas deportivas no Instituto de BUP Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín.

Orzamento de licitación: 19.548.315 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non precisa.

2.-Aparcamiento de autobuses e reparación de cuberta en edificio administración no IESP Val Miñor de Nigrán.

Orzamento de licitación: 12.710.372 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: non precisa.

3.-Ampliación 1 Ud. educación infantil en Bon adscrita ó C.P. de Montemogos-Beluso de Bueu.

Orzamento de licitación: 14.221.380 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non precisa.

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Delegación Provincial de Educación -Servicio de Contratación-, Avda. de Monteros Ríos, s/n Pontevedra.

O prazo de presentación de proposicións rematará ós dez días naturais contados desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio e, no caso de coincidir con sábado ou domingo, prorrogarase ata o seguinte luns ou día hábil.

A apertura de proposicións realizaraa a Comisión de Contratación no salón de actos desta delegación, ás doce horas do décimo segundo día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida con sábado ou domingo terá lugar ó seguinte día hábil.

Tódolos gastos que orixine a publicación do presente anuncio ratearanse entre os adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

3997