Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1995 pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de subministración, entrega e instalación de 98 butacas de salón de actos con destino á Facultade de Dereito da Coruña (expediente 2/1995).

Pola Resolución do 10 de febreiro de 1995 aprobouse un gasto de 5.390.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e apertura do procedemento de adxudicación dos contratos de submi

nistración, entrega e instalación de 98 butacas de salón de actos con destino á Facultade de Dereito da Coruña. Expediente 2/1995.

Anunciouse por contratación directa a licitación da mencionada subministración no Diario Oficial de Galicia e nos taboeiros de anuncios.

Cumpridos os trámites que en materia de contratacións prevé a vixente Lei de contratos do Estado e o seu regulamento, así como os requisitos establecidos no prego das bases da contratación e demais lexislación vixente. Reunida a Mesa de Contratación o 3 de abril de 1995 e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora. Esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-lo material antes mencionado da seguinte forma:

Material: Butacas.

Empresa: Mobigal.

Importe: 4.704.000 ptas.

Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material rematará ós dez días do recibo da comunicación.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas nas cláusulas 15 e 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Quinto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-4966