Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1995, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, polo que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de alargamento da mellora da estrada Esteiro a Felgosas por Cercido, p.k. 0.000-9.280 (clave: N/AC/89.1.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu apartado 2, a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras

a realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data 9 de febreiro de 1995, procédese á aprobación do proxecto do trazado da obra de alargamento e mellora da estrada de Esteiro a Felgosas por Cerdido, p.k. 0.000-9.280 T.M. de Cerdido e Cedeira, clave: N/AC/89.1.1, polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 16 de febreiro de 1995, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 51/1995, publicado no DOG nº 40.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens

e dereitos afectados que figuran nas relacións expostas nos concellos de Cerdido e Cedeira, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesarios.

-Casa do Concello de Cedeira.

De: 9 horas a 14 horas.

Data: 17 de xullo de 1995, dos predios: 600 ó 712.

Data: 18 de xullo de 1995, dos predios: 713 ó 825.

Data: 19 de xullo de 1995, dos predios: 826 ó 938.

Data: 20 de xullo de 1995, dos predios: 939 ó 1050.

-Casa do Concello de Cerdido.

De: 9 horas a 14 horas.

Data: 21 de xullo de 1995, dos predios: 1 ó 101.

Data: 24 de xullo de 1995, dos predios: 102 ó 203.

Data: 26 de xullo de 1995, dos predios: 204 ó 306.

Data: 27 de xullo de 1995, dos predios: 307 ó 407.

Data: 28 de xullo de 1995, dos predios: 408 ó 512.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, Praza Luís Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 29 de xuño de 1995.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña

3483