Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 15 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifican aumentos de base impoñible, dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, referente ós conceptos e contribuíntes que se citan (Brea Places, Elvira-Lucía e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e que afectan ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se sinala.

A diferencia de valor respecto do declarado resulta de utiliza-los medios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre T.P. e AXD.

Contra a presente notificación poderá interpoñerse os seguintes recursos: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, c/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26 Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula. Asemade e no mesmo prazo, de non estar conformes coa valoración practicada, poderá solicita-la práctica de taxación pericial contradictoria. Se se interpón a reclamación económico-administrativa, deberá xustificalo ante esta oficina liquidadora; de non facelo así, cursarase a liquidación sobre o valor comprobado segundo o artigo 63 do Regulamento do imposto.

Vigo, 15 de maio de 1995.

Pedro Arboli Albarracín

Delegado Territorial

95-04931