Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 12 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica o contido das resolucións dos recursos de reposición que afectan ós contribuíntes que se citan (Alonso Fernández, Antonio e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícanse ás persoas que se relacionan no anexo.

O Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, en aplicación do artigo 46.2º en relación co 14.7 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, pon en coñecemento dos interesados que se indican o contido das resolucións dictadas por este servicio, á vista do recurso de reposición que interpuxeron as persoas que se citan, dado que a dita resolución afecta ós suxeitos pasivos aquí sinalados.

Contra esta comunicación non cabe ningún recurso.

Vigo, 12 de maio de 1995.

Pedro Arboli Albarracín

Delegado Territorial

95-3952