Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 12 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativa ós contribuíntes que se citan (Carballal López, Eduardo e doce máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 14.7 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Os prazos para efectua-lo pago da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pago establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26 Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula.

Vigo, 12 de maio de 1995.

Pedro Arboli Albarracín

Delegado Territorial

95-3951