Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 26 maio de 1995, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se fan públicos os códigos de identificación do censo de asociacións e entidades culturais de Galicia correspondentes ó segundo semestre do ano 1994.

Para dar cumprimento ó estipulado no artigo 4 da Orde do 29 de outubro de 1986 (DOG do 12 de novembro de 1986), pola que se establece o censo de asociacións e entidades culturais de Galicia, e a resolución do 26 de marzo de 1987 (DOG do 20 de abril), pola que se desenvolve o devandito artigo, a Dirección Xeral de Cultura unha vez aplicadas as claves de clasificación correspondentes, segundo dispón a norma primeira da devandita resolución, e logo de transcorrido o prazo regulado desde a comunicación ós interesados sen que se producisen propostas de modificación ou rectificación,

RESOLVE:

Considerar firme a inscrición no censo de asociacións e entidades culturais de Galicia das persoas xurídicas que co seu código de identificación se relacionan no anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1995

Homero José María Pérez Quintana

Director Xeral de Cultura

Relación de asociacións e entidades culturais de Galicia incluídas no censo creado ó amparo da orde da Consellería de Cultura e Benestar Social do 29 de outubro de 1986, correspondentes ó segundo semestre de 1994.

4581