Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.619

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (533/1990).

María Manuela Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 533/1990, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1995 Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 533/1990, no que actuaron como demandante Caixa de Aforros de Galicia representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e asistido polo letrado Rafael Pardo Pedernera, e como demandada María del Pilar Varela García, representada polo procurador José Paz Montero e asistida do letrado Manuel Babío Arcay, contra Manuel Villa Pérez e herdeiros de Ventura Pérez Graña, declarados rebeldes nas actuacións. Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á demandante da cantidade de 10.815.837 pesetas de principal e xuros, xuros moratorios pactados, custas e gastos, e mailas custas que se

impoñen expresamente e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liqui

dación para xuros, custas e gastos a suma de 2.500.000 pesetas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Manuel Villa Pérez e herdeiros de Ventura Pérez Graña, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o oito de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-03545