Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.619

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (113/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 113/1995, seguidos por furto; é denunciante Antonio Bernal López, maior de idade; e comparece como parte denunciada Araceli Iglesias Nalgo, maior de idade; é igualmente parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Araceli Iglesias Nalgo da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil; decláranse as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Araceli Iglesias Nalgo, a cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, dezanove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-03472