Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4218 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de COSAPA,S Cooperativa, con domicilio en Paradela, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T. para nave industrial en Granda-Barán, (Paradela), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a COSAPA,S Cooperativa, a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con conductores LA-56, cunha lonxitude de 1.408 metros, con postes de formigón e metálicos. Centro de transformación a intemperie de 50 kVA, no concello de Paradela.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 4 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-3615